( EXTRACTO “Do Correo Galego”):

“Chegou como un acollemento urxente, para 15 días, e levamos dous anos”. Ten un irmán maior que vive co seu avó, o cal non pode facerse cargo de ambos pero mantén contacto frecuente e visitas co seu neto pequeno. “As familias poden verte como unha especie de rival ao comezo, pero despois agradecen moito o que fas”, salienta Mariló.

“A experiencia é moi gratificante, danche moito máis do que lles dás a eles. Tamén temos o apoio da asociación Acougo, que fai de intermediaria coa Xunta, e está moi pendente de nós”, conta agradecida. As familias teñen unha axuda mensual para cubrir parte dos gastos, pero en ningún caso supón unha ganancia para as familias. O que acolle non o fai por cartos.

Tras case tres anos de experiencia, os nenos acabaron sendo como un fillo máis. “Se antes pensaba que había diferencias entre un neno de acollida ou adoptado, e un biolóxico, agora sei que estaba equivocada”, conclúe Mariló.

Ver publicación

Este sitio web usa cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies
Ir al contenido