A Asociación Galega de Familias de Acollida (Acougo) organiza en Barbadás unha charla informativa sobre o sistema de protección e o acollemento familiar, destacando o seu papel clave no benestar de nenos, nenas e adolescentes que non poden vivir coas súas familias de orixe. A sesión terá lugar o 21 de xaneiro, ás 18.00 horas, no espazo infantil de A Solaina, e está dirixida a persoas interesadas en coñecer esta realidade, resolver dúbidas e compartir experiencias.

Fonte: ourensexa.com

Ir al contenido