Noticia de prensa: ecodixital.com Ver publicación

Noticia de prensa: ecodixital.com Ver publicación
Artículo de Montse García. «Supón darlle unha oportunidade aos nenos, que teñan referente afectivo» Carmen Dourado, ademais de ser nai acolledora, é unha das impulsoras e responsable técnica de Acougo, a Asociación Galega de Familias de Acollida, que agora mesmo conta con preto dunha trintena de membros. Un dos obxectivos que se marcan é dar a coñecer os programas de…
Padrón, 13 de novembro de 2020.- A concelleira de Servizos Sociais, Ana Luezas, mantivo esta mañá unha reunión coa presidenta da Asociación ACOUGO, Carmen Dourado, para adoptar un compromiso de colaboración para apoiar ás familias que participan no programa de acollemento familiar. Na actualidade no Concello de Padrón hai tres familias acolledoras -dúas con acollementos activos e unha en proceso-.…
Dende a radio de Ames interesáronse pola Asociación, esta entrevista está feita para axudarnos a dar a coñecer Acougo e o acollemento familiar. Tamén, dun xeito especial, querían emitir a experiencia dunha familia acolledora… Como sempre, unha das familias asociadas de ACOUGO, comparte de xeito xeneroso , a súa experiencia. * Nunha parte da entrevista, hai un erro; referímonos a…
Contámosvos as nosas impresións despois de reunirnos coa Concelleira Luisa Feijoo. Dende ACOUGO queremos agradecer a súa implicación e interese pola situación d@s menores no sistema de Protección, pola medida de acollemento familiar e as familias acolledoras.
No mes de Outubro reunímonos por primeira vez coa Conselleira de Política Social Fabiola García e co novo Director Xeral de familia , infancia e dinamización demográfica, Jacobo Rey. A reunión transcorreu nun ambiente distendido e con cercanía pero tamén con profesionalidade e rigor en canto a datos e situación concretas, que mais cedo ou mais tarde deben ir mudando…