Campaña “12 comercios, 12 sensibilidades” 2025 protagonistas no mes de maio Trala boa acollida do ano pasado, voltamos repetir esta iniciativa na que participan unha ducia de comerciantes de Santiago para darlle visibilidade a outras tantas entidades solidarias ao longo de todo o ano. Baixo o nome “12 Comercios, 12 Sensibilidades” 2025, a iniciativa permitirá favorecer o fluxo de clientela…
Atópanos
na prensa
O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, participou esta mañá na xornada Infancia Protexida, Futuro en Familia, organizada por Acougo e que ten como obxectivo compartir experiencias, coñecer alternativas ao acollemento familiar e reflexionar sobre a infancia protexida en Galicia. Na súa intervención, o director xeral explicou que a Xunta de Galicia está a fomentar con éxito…
A cidade de Vigo puxo en marcha o programa piloto “Un Curso en Familia”, que busca que familias acolledoras galegas acollan a adolescentes tutelados durante todo un curso escolar. Esta iniciativa, pioneira en Galicia, pretende ofrecer unha alternativa ao acollemento residencial, fomentando a integración dos nenos e nenas en contornas familiares estables e afectivas O programa está dirixido a adolescentes…
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado pola conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, mantivo unha reunión coa directora da Asociación Galega de Familias de Acollida (ACOUGO), Carmen Dourado. LigazRueda reúnese coa directora da Asociación Galega de Familias de Acollida (ACOUGO) – Xunta de Galiciaón
Esta padronesa, veciña de Santiago, leva máis dunha ducia de experiencias ás súas costas e ve necesario que sociedade e Administracións fagan un esforzo moito maior. A primeira vez que a súa familia se estreou na acollida de menores, viviron na súa casa dous xemelgos de 4 anos durante case un ano. Ofreceron un teito e un fogar seguro a…
Recibimos a Carmen Dourado, directora de Acougo, a Asociación Galega de Familias de Acollida, quen reivindica a necesidade de desestigmatizar e protexer aos nenos e nenas en situación de acollida, lembrando que eles non fixeron nada malo, senón que lles fixeron algo. Actualmente, en Galicia hai máis de 1.000 NNA en centros de acollida, incluídos nenos e nenas menores de…


