iso-9001

Aviso legal

 

1. INFORMACIÓN XERAL: IDENTIFICACIÓN E TITULARIDADE

  • Titular: Asociación galega de familias de acollida ACOUGO.
  • NIF: G70605530
  • Domicilio: Rúa Manuel María nº 6, 15705 – Santiago de Compostela, A Coruña – España.
  • Correo electrónico: info@acougo.gal
  • Teléfono de contacto: 622 672 188
  • Sitio Web: https://acougo.gal
  • Inscrita no Rexistro de Asociacións Autonómico da Xunta de Galicia co número 2020/023977-1
  • Inscrita no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPPS) da Xunta de Galicia co número E7138

2. CONDICIÓNS DE USO XERAIS

A utilización do sitio web outórgache a condición de Usuario ou Usuaria, e implica a aceptación completa de todas as cláusulas e condicións de uso incluídas nas páxinas:

Se non estás conforme con todas e cada unha destas cláusulas e condicións non debes utilizar este sitio web.

A través deste sitio web, a Asociación galega de familias de acollida ACOUGO facilítache o acceso e a utilización de diversos contidos que a asociación ou quen colabora con ela publicaron por medio da internet.

O acceso a este sitio web non supón o inicio de ningunha relación comercial coa Asociación galega de familias de acollida ACOUGO.

Para ese efecto, obrígaste e comprometes a non utilizar ningún dos contidos do sitio web con fins ou efectos ilícitos, prohibidos neste aviso legal ou pola lexislación vixente, lesivos dos dereitos e intereses de terceiros, ou que de calquera forma poidan danar, inutilizar, sobrecargar, deteriorar ou impedir a normal utilización dos contidos, os equipos informáticos ou os documentos, arquivos e toda clase de contidos almacenados en calquera equipo informático propios ou contratados pola Asociación galega de familias de acollida ACOUGO ou de terceiros.

A Asociación galega de familias de acollida ACOUGO declina calquera responsabilidade no caso de que existan interrupcións ou un mal funcionamento dos servizos ou contidos ofrecidos na internet, calquera que sexa a súa causa. Así mesmo, non se fai responsable por caídas da rede, perdas de negocio como consecuencia das devanditas caídas, suspensións temporais de fluído eléctrico ou calquera outro tipo de dano indirecto que che poida ser causado por causas alleas á Asociación galega de familias de acollida ACOUGO.

3. CONTIDOS

A Asociación galega de familias de acollida ACOUGO obtivo a información, o contido multimedia e os materiais incluídos no sitio web de fontes que considera fiables e tomou medidas razoables para asegurar que a información contida é correcta. Con todo, non garante que sexa exacta, completa ou actualizada, polo cual non pode imputarse ningunha responsabilidade por erro ou omisión na información contida nas páxinas deste sitio web.

Queda prohibido transmitir ou enviar a través do sitio web calquera contido ilegal ou ilícito, virus informáticos, ou mensaxes que, en xeral, afectar ou violen dereitos da Asociación galega de familias de acollida ACOUGO ou de terceiros.

Os contidos da web teñen unicamente unha finalidade informativa e baixo ningunha circunstancia deben usarse nin considerarse como oferta de venda, solicitude dunha oferta de compra nin recomendación para realizar calquera outra operación, salvo que así se indique expresamente.

A Asociación galega de familias de acollida ACOUGO resérvase o dereito para modificar, suspender, cancelar ou restrinxir o contido do sitio web, os vínculos ou a información obtida a través do sitio web sen necesidade de aviso previo.

A Asociación galega de familias de acollida ACOUGO non é responsable dos danos e prexuízos que puidesen derivarse da utilización da información do sitio web ou da contida nas súas redes sociais.

4. LIGAZÓNS A OUTROS SITIOS WEB

A Asociación galega de familias de acollida ACOUGO pode proporcionarche acceso a sitios web de terceiros mediante ligazóns coa finalidade exclusiva de informarte sobre a existencia doutras fontes de información na internet nas que poderás ampliar os datos ofrecidos no sitio web.

Estas ligazóns a outros sitios web non supoñen en ningún caso unha suxerencia ou recomendación para que visites as páxinas web de destino, que están fóra do control da Asociación galega de familias de acollida ACOUOGO, polo cual non é responsable do contido dos sitios web vinculados nin do resultado que obteñas ao seguir as ligazóns.

Así mesmo, a Asociación galega de familias de acollida ACOUGO non responde dos links ou ligazóns situadas nos sitios web vinculados aos que che proporciona acceso.

O establecemento da ligazón non implica en ningún caso a existencia de relacións entre a Asociación galega de familias de acollida ACOUGO e o propietario do sitio no que se estableza a ligazón, nin a aceptación ou aprobación por parte do titular dos seus contidos ou servizos.

As páxinas deste sitio web poden incluír contido incrustado (por exemplo, vídeos, imaxes, artigos, etc.). O contido incrustado doutras web compórtase exactamente da mesma maneira que se visitases a outra web. Estes sitios web poden recompilar datos sobre ti, utilizar cookies, incrustar un código de seguimento adicional de terceiros, e supervisar a túa interacción usando este código. Por iso, se accedes a un sitio web externo desde unha ligazón que atopes en https://acougo.gal deberás ler e aceptar a propia política de privacidade do outro sitio web.

5. PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL

A información dispoñible neste sitio web, salvo indicación expresa en contrario, é susceptible de reutilización, quedando autorizada a súa reprodución total ou parcial, modificación, distribución e comunicación para usos non comerciais, con suxeición ás seguintes condicións:

  • Queda prohibida en calquera circunstancia a desnaturalización do contido da información.
  • O/a usuario/a queda obrigado/á citar a fonte dos contidos obxecto de reutilización.
  • O/a usuario/a queda obrigado/á mencionar a data da última actualización dos contidos obxecto de reutilización.

Declaramos o noso respecto aos dereitos de propiedade intelectual e industrial de terceiros, polo que se consideras que este sitio puidese estar a violar dereitos, rogamos que póñaste en contacto connosco a través do formulario de enviar consulta.

6. LEI APLICABLE

A lei aplicable en caso de disputa ou conflito de interpretación dos termos que conforman este aviso legal, así como calquera cuestión relacionada cos servizos do presente portal, será a lei española.

7. CONTACTO

No caso de que teñas calquera dúbida acerca destas condicións ou queiras realizar calquera comentario sobre este sitio web, podes enviar unha mensaxe de correo electrónico á dirección info@acougo.gal.

 

Ir al contenido