OCT

27

2022

Jue 19:00
Organiza: ACOUGO e Concello de Ames
Lugar: Pazo de la Peregrina


“As responsabilidades a favor do benestar infantil esixennos un traballo continuo para desenvolver programas preventivos e mellorar á eficacia dos servizos, actuacións e medidas de intervención”.

Na atención á infancia e adolescencia establecidas por Política Social especifícanse que teñen carácter prioritario as actuacións dirixidas a previr posibles situacións de desprotección e conflito social, así como as graves carencias que menoscaben o seu desenvolvemento.

Dende a Asociación Acougo propoñemos un servizo de atención e apoio para ás familias con fillos e fillas a cargo que atravesan dificultades sen que estas constitúan unha desprotección pero si presentan factores de risco que requiren unha intervención dende os servizos sociais básicos.

O Servizo de Familias Plus é un recurso que atende a familias que, temporalmente atópanse ante dificultades na atención dos seus fillos e fillas (problemas de saúde, dificultade para conciliar a vida laboral, formativa e familiar…)

Se queres acompañar esta realidade sin ter un compromiso maior ,como pode ser un acollemento familiar, pero sí estar comprometidas co tempo que teñas dispoñible.
Ser unha familia que de ese soporte a outras familias.

Unha familia, quizáis como a túa, que dispós dalgún oco no día a día para poder colaborar dangún xeito coas familias que necesitan desa rede de apoio. Entón … Agardámoste!

Trátase de dúas charlas informativas, unha en Bertamiráns e a outra en Milladoiro, sen ningún tipo de compromiso, onde se explicará en que consiste e todas as facilidades á vosa disposición para poder levalo a cabo.

Para poder asistir é preciso anotarse previamente a través do teléfono de contacto da asociación 622 672 188, enviando un correo a info@acougo.gal ou cumprimentando o formulario de inscrición:

Formulario de inscrición

Ir al contenido