FEB 282022 |
Lun. 18:00 - 19:30 Organiza: Acougo e Concello de Ferrol |
FERROL ACOLLERÁ UNHA CHARLA RELATIVA AÓ ACOLLEMENTO FAMILAR
O vindeiro luns 28 de febreiro, dentro dun convenio de colaboración establecido entre o Concello de Ferrol e a Asociación Galega de Familias de Acollida, ACOUGO, terá lugar a charla CONTIGO FLORECE, XERANDO CULTURA DE ACOLLEMENTO, coa intención de dar formación e difusión sobre o sistema de protección de menores e concretamente, das familias de acollida, polo que animamos a veciñanza a asistir para informarse sobre esta medida tan descoñecida.
Búscase achegarlle á sociedade a realidade das nenas, nenos e adolescentes en situación de desprotección e dar a coñecer o acollemento familiar.
O coloquio está aberto a toda a cidadanía en xeral e transcorrerá no Edificio Social na rúa Sánchez Barcáiztegui, 35 o 28 DE FEBREIRO AS 18.00 HORAS.
Seguiranse as medidas establecidas por mor da COVID-19, polo cal resulta preciso anotarse previamente a través do teléfono de contacto da asociación 622 672 188, enviando un correo a info@acougo.gal ou cumprimentando o formulario de inscrición. Formulario de inscrición