NOV 242021 |
Mier. 17:30 - 19:00 Organiza: Acougo e Concello de Guitiriz Casa Habanera |
GUITIRIZ ACOLLERÁ UNHA CHARLA RELATIVA AÓ ACOLLEMENTO FAMILARO vindeiro mércores 24 de novembro, dentro dun convenio de colaboración que se vai establecer entre o Concello de Guitiriz e a Asociación Galega de Familias de Acollida, ACOUGO, terá lugar a charla CONTIGO FLORECE, XERANDO CULTURA DE ACOLLEMENTO, coa intención de dar formación e difusión sobre o sistema de protección de menores e concretamente, das familias de acollida, polo que animamos a veciñanza a asistir para informarse sobre esta medida tan descoñecida. Búscase achegarlle á sociedade a realidade das nenas, nenos e adolescentes en situación de desprotección e dar a coñecer o acollemento familiar. O coloquio está aberto a toda a cidadanía en xeral e transcorrerá no segundo andar do Fogar dos Maiores as 17:30 do mércores 24 de novembro. Seguiranse as medidas establecidas por mor da COVID-19, polo cal resulta preciso anotarse previamente a través do teléfono de contacto da asociación 622 672 188, enviando un correo a info@acougo.gal ou cumprimentando o formulario de inscrición.