NOV 162021 |
Mar. 18:00 - 19:30 Organiza: Acougo e concello de Ribeira Casa da Cutura Lustres Rivas |
Invitámosvos a todas e todos a acudir a sesión que se vai celebrar o día 16 de novembro, no centro cultural Lustres Rivas, as 18:00 horas, por parte de ACOUGO, a Asociación Galega de Familias de Acollida.
Non fai falla ter intención de acoller un/unha menor para ter a necesidade de informarse sobre o que significa o acollemento. Tamén é necesario para convivir co collemento, para saber como formar parte dunha sociedade diversa, con diferentes maneiras de ser familia. O descoñecemento fainos cometer erros, e estes erros fan dano ó mais valioso que temos como sociedade, as nosas crianzas e as súas emocións.