ENE

18

2023

Organiza: ACOUGO e Concello de A Coruña
Lugar: Edificio Espazo Amizar
Rúa Gregorio Hernández, 2-4, 15011 A Coruña


Retomamos a actividade despois do Nadal e destes días festivos.

ACOUGO, a Asociación Galega de Familias de Acollida é una asociación que nace da necesidade dun grupo de familias de traballar para mellorar a situación dos menores que están no sistema de protección e para dar a coñecer o acollemento familiar como a mellor medida para os nenos, nenas e adolescentes en situación de desamparo.

Con esta idea de aportar solucións nace a colaboración co Concello de A Coruña, co proxecto Familias Plus.

Sabemos que hai familias que están desexando colaborar e, en ocasións, non saben de que maneira, por iso queremos facer chegar ás familias do Concello a realidade de crianzas que non están no sistema de protección e que precisan dunha rede de apoio para poder seguir convivindo coas súas familias.

No caso de estar interesados en obter máis información, poden escribir a familiasplus@acougo.gal ou ao teléfono 622 67 21 88.

Este sitio web usa cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies
Ir al contenido