AGO

9

2023

Mér 19:00
Organiza: ACOUGO
Lugar: Concretaremos lugar próximamente


A lectura é un medio excelente que nos axuda a pensar e analizar diferentes situacións; e que nos permite poñernos na pel doutras persoas para xerar en nós contrastes coas nosas vidas.
 
Co noso clube, pretendemos xerar un espazo de encontro e reflexión onde, a través de diferentes lecturas, poidamos achegarnos ao mundo interior e emocional da infancia e adolescencia máis vulnerable, comprobar como esas experiencias afectan ao seu desenvolvemento e como nós podemos apoiar e axudar a superalas; poñendo especial atención aos coidados, á corresponsabilidade e á coparentalidade.
 
Os cubes teñen unha modalidade mixta: presencial e online, dependendo da distancia entre as/os
participantes.
 
Queres formar parte dalgún dos nosos Clubes de Lectura Acougo (clube de persoas adultas e clube xuvenil)?
 
Enche o formulario e enviarémoste máis información.
 
Ir al contenido