ABR 252025 |
25-26-27 de abril Lugar: Albergue Xuvenil Gandarío. Bergondo Organiza: ACOUGO |

Do 25 ao 27 de abril celebramos unha fabulosa fin de semana de convivencia xuvenil no Albergue Xuvenil Gandarío, en Bergondo, pensada para adolescentes do sistema de protección —tanto en medida residencial como en acollemento familiar— así como mozos e mozas vencellados á rede de acollemento.
Durante estes días compartimos espazos de lecer, aprendizaxe e convivencia, favorecendo a creación de vínculos entre iguais, o respecto á diversidade de experiencias e o fortalecemento da autoestima. A través de dinámicas grupais, xogos cooperativos e momentos de reflexión, buscamos ofrecer un tempo de desconexión positiva, participación activa e acompañamento.
Este tipo de encontros son fundamentais para fomentar a inclusión, a expresión emocional e a creación de redes de apoio entre adolescentes que, a pesar das súas diferentes circunstancias, teñen moito en común.