FEB 222025 |
Sáb 10:00 Lugar: Rúa de Padrón 2. Santiago de Compostela Organiza: ACOUGO |

O voluntariado é un piar fundamental da nosa asociación, un eixe transversal que dá sentido a moitas das actividades que desenvolvemos. Por iso, consideramos clave que as persoas voluntarias conten coa formación axeitada: coñecer en profundidade o sistema de protección, comprender as realidades ás que se enfrontan os nenos, nenas e adolescentes, e dispoñer de ferramentas e dinámicas que favorezan o acompañamento, a confianza e o respecto.
Formarse é tamén unha maneira de coidar e coidarse, de sumar con responsabilidade e de ser parte activa do cambio.