Alba, de nena de acollida a nai acolledora dun grupo de irmáns
Alba foi unha nena en acollida e agora é nai acolledora. Hai dous anos, cando a súa filla aínda era un bebé, abríalles a porta do fogar a dous irmáns, de 7 e 4 anos. A súa é unha historia de agradecemento á vida. Desde a súa casa en Ames reivindican que outras persoas sigan os seus pasos e contribúan a cambiar o destino de nenos e adolescentes que agardan nos centros de menores. O Programa de Familias Acolledoras da Xunta, xestionado por Cruz Vermella, está a piques de facer trinta anos. Hai 241 nenos acollidos.Baixo a asociación Acougo, familias e crianzas forman unha tribo de axuda mutua. Reclaman un cambio no modelo de protección de menores. Neste momento hai 174 familias acolledoras en Galicia.

