A Xunta de Galicia renovou, por segundo ano consecutivo, o convenio de colaboración coa Asociación Galega de Familias de Acollida (Acougo) para promover a corresponsabilidade entre os nenos e nenas en acollemento e as súas familias. Esta iniciativa, enmarcada no programa “Acollemento Corresponsable 2024”, conta cun investimento total de 184.000 euros, dos cales 134.000 proceden dun convenio directo e 50.000 da liña de axudas a entidades de iniciativa social .

Entre as actividades destacadas atópase o campamento de verán “Agarimos”, celebrado nas instalacións xuvenís Os Chacotes en Palas de Rei, onde nenos e nenas de entre 8 e 12 anos compartiron experiencias durante unha semana. Ademais, o programa inclúe xornadas de sensibilización para as familias, clubes de lectura, contacontos, obradoiros e outras accións que buscan fomentar e apoiar o acollemento familiar, promover a conciliación e formar en corresponsabilidade co obxectivo de adoptar patróns de relación máis igualitarios dentro da unidade familiar

LigazA Xunta renova a súa colaboración con Acougo para promover a corresponsabilidade entre os nenos e nenas en acollida e as súas familias – Xunta de Galiciaón 

Ir al contenido