DEC 192020 |
Todo o día |
O pasado 19 de decembro celebramos con éxito de participación a Asemblea anual de soci@s de ACOUGO.
A pesares das circunstancias de sobras coñecida por tod@s, e con un novedoso formato mixto de participación presencial e on line, fixemos a nosa reunión anual como familias asociadas e implicadas na materia que nos ocupa.
A reunión foi moi participativa e animada. Aprobáronse os puntos do día establecidos, e propuxéronse melloras para o funcionamento da entidade de cara ao 2021.
Só podemos dar as grazas a todas as persoas que participaron, ou que non pudendo participar, están ao corrente de todas as actividades e actuacións de ACOUGO.
Graciñas!!!