O acollemento familiar é protección
urxente, temporal ou permanente
O acollemento familiar é un recurso de protección que se adapta ás necesidades da crianza en desamparo. En función das necesidades de cada menor e das posibilidades de cada familia, a convivencia pode ser plena, de fins de semana e vacacións ou de día e a duración do acollemento pode ser breve, longa ou permanente.
Todas as crianzas teñen dereito a medrar en familia e todas as familias poden ofrecer o seu gran de area para que así sexa. Queres saber máis? Dalle ao play
E informádevos sobre o acollemento familiar en Acougo.gal e na páxina da campaña.