iso-9001

Versatilidade

O acollemento é versatilidade.
Familias diversas, para crianzas diversas.

📢 En Galicia, segundo os datos ofrecidos pola Xunta, cada ano, máis de 2500 menores sofren o desamparo de pertencer a unha familia que non pode coidalos como merecen. Preto da metade agardan unha solución en centros residenciais. O resto, atoparon o seu sitio con avoas ou tías ou en familias de acollida como as que estades a piques de coñecer. Familias diversas que se adaptan ás necesidades das crianzas dentro das posibilidades do fogar que as recibe. Familias únicas, como todas. Como as vosas.

🎥 Elisa, Rebeca, Juan, Natalia e Victoria forman parte de cinco familias de acollida, cada unha delas coas súas particularidades. Nais que acollen soas, con ou sen fillos biolóxicos previos, parellas que acollen unha ou varias crianzas, en función das necesidades das crianzas e das posibilidades das familias que as reciben. Familias acolledoras que tecen lazos coas familias de orixe, máis ou menos fortes, en cada momento.

📲 Escoitádeas e espallade a súa mensaxe. Ser familia acolledora é axudar a outras familias.

ℹ️ E informádevos sobre o acollemento familiar en Acougo.gal e na páxina da campaña.

Este sitio web usa cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies
Ir al contenido