O acollemento familiar é vínculo coas orixes,
ao servizo da estabilidade emocional das crianzas
Todas as crianzas teñen dereito a coñecer a súa historia e a manter contacto coa súa familia de orixe. Saber de onde veñen, para descubrir a onde queren chegar. A familia biolóxica xoga un papel fundamental no acollemento familiar. O contacto con ela pode ser máis ou menos frecuente, máis ou menos supervisado, pero sempre axuda as crianzas a elaborar, a aceptar e a construir a súa identidade.
Con esta entrega conclúe a serie de vídeos sobre o acollemento que elaboramos man a man con Agareso. Mírao, compárteo e cóntanos nos comentarios qué che pareceu
Informádevos sobre o acollemento familiar en Acougo.gal e na páxina da campaña.