O 29 de outubro tivo lugar en Silleda unha sesión formativa para profesionais e persoas interesadas sobre Acollemento familiar e protección de menores. Esta xornada de formación celebrouse no Centro Social de Silleda e foi impartida por persoal técnico da Asociación Galega de Familias de Acollida (ACOUGO), a través do convenio co Concello de Silleda para o fomento do réxime de acollemento familiar. O obxectivo é fomentar, informar e difundir os programas de acollemento familiar, a través da iniciativa que leva por título “Contigo florece, xerando cultura do acollemento”.

Dende o Concello de Silleda xa hai un compromiso para visibilizar estas medidas, e favorecer –na medida do posible- mediante unha discriminación positiva, ás familias que queiran acoller menores. Outra das posibilidades que se abren é a de contar cun rexistro municipal de familias acolledoras en Silleda, así como a formación daquelas que opten por sumarse á iniciativa e do persoal do departamento municipal.

Leer noticia

Ir al contenido