FEB

20

2026

18:00h
Lugar: Casa do pobo de Nós, Praza de Libertade 1. Oleiros


O acollemento é versatilidade. Familias diversas, para crianzas diversas.

O acollemento familiar non é un modelo único nin pechado. É flexible, é diverso e adáptase ás realidades das crianzas… e tamén ás das familias.

Por iso, en febreiro convidámoste a unha xuntanza en familia, un espazo tranquilo para compartir, reflexionar e conversar arredor do acollemento familiar.

👉 Este encontro está aberto a:

  • Familias acolledoras
  • Familias que están a pensar en acoller
  • E persoas que simplemente queren informarse ou achegarse por primeira vez ao acollemento familiar

Antes do encontro, pedirémosvos que vexades este vídeo 👇

👉 https://acougo.gal/que-facemos/difusion/que-e-o-acollemento-familiar/versatilidade/

A partir del falaremos xuntas e xuntos sobre:

  • As diferentes formas de acoller
  • A diversidade de familias
  • E as necesidades reais das crianzas

Un encontro para escoitar, preguntar, compartir experiencias e entender que non hai unha única maneira de acoller ben.

Se sentes curiosidade, tes dúbidas ou simplemente queres saber máis, esta xuntanza tamén é para ti.

Ir al contenido