XAN 232026 |
18:00h Lugar: Rúa Padrón, nº2 (Santiago de Compostela) |

As Xuntanzas en familia son un espazo de confianza aberto a familias acolledoras, familias en proceso de adecuación (idoneidade), persoas con interese no acollemento,… para poñer en común reflexións e información sobre temas relacionados co acollemento familiar.
Nesta ocasión o tema central sobre o que imos falar é o vínculo e o apego, é aconsellable que vexades o seguinte video que reflicte aspectos reais dos que imos falar na Xuntanza.
Tamén teremos tempo para falar sobre os servizos e os programas de Acougo,, sobre as experiencias persoais e sobre as cuestións relacionadas co acollemento familiar que lles interese as persoas participantes.
Ofrecemos servizo de conciliación.
Se queredes participar neste espazo de encontro, reflexión e apoio mutuo respondede a un cuestionario por unidade familiar.
