MAR 23,272026 |
Día 23 ás 18:00 en Centro Cívico Virgina Blanco (Culleredo) Día 27 ás 18:00 na Rúa Padrón 2 (Santiago) |

As crianzas en situación de desamparo atopan nas familias acolledoras un espazo seguro no que medrar física, psicolóxica, afectiva e socialmente.
Unha referencia de coidado e agarimosa que lles axudará a compensar e reparar os danos sufridos, unha base estable e sólida sobre a que construir todos os futuros posibles.
👉 Este encontro está aberto a:
- Familias acolledoras
- Familias que están a pensar en acoller
- E persoas que simplemente queren informarse ou achegarse por primeira vez ao acollemento familiar
Antes do encontro, pedirémosvos que vexades este vídeo 👇
👉 https://acougo.gal/que-facemos/difusion/que-e-o-acollemento-familiar/estabilidade/
Un encontro para escoitar, preguntar, compartir experiencias e entender que non hai unha única maneira de acoller ben. Se sentes curiosidade, tes dúbidas ou simplemente queres saber máis, esta xuntanza tamén é para ti.
