ABR

01

2023

Sáb 17:00
Organiza: ACOUGO e Concello de Padrón
Lugar: Auditorio Municipal de Padrón


“Aprender a quererse. Prevención do maltrato e do abuso sexual infantil”
Padrón, 1 de abril de 2023

Esta xornada está aberta a quen queira participar.

  • Familias acolledoras e familias interesadas en coñecer máis esta problemática.
  • Nenos, nenas, adolescentes das familias participantes.
  • Profesionais dos diferentes ámbitos: da saúde, do traballo social, da seguridade e da educación.
  • Toda a comunidade en xeral.

PROGRAMACIÓN
A xornada divídese en 3 partes. Habrá servicio de conciliación.

Primeira parte:
ESPECTÁCULO CON MÚSCA E TEATRO PARAAPRENDER A QUERERSE: GUÁ!
De Tero Rodríguez & Barahúnda.
Trátase dunha ferramenta de axuda aos participantes, especialmente ás familias e ás crianzas, pero que tamén remove nas propias experiencias das persoas adultas e/ou na toma de conciencia sobre a vulnerabilidade dos nenos, nenas e adolescentes (NNA), de calquera tipo de ambiente e condición social e económica. Esta parte está pensada para todas as persoas adultas e NNA acompañantes, a decisión dos coidadores, que consideren que poden participar, posto que a temática incide no maltrato infantil e no abuso sexual.

  • CONCILIACIÓN PARA NENNAS E NENOS DE EDUCACIÓN INFANTIL

Segunda parte:

  • Para os participantes no espectáculo “GUÁ!”, xerarase un espazo de reflexión e participación, con preguntas e intercambio de impresións.
  • Para os nenos e nenas que participaron no conto haberá actividades dirixidas de xogos e manualidades.

Terceira parte:

Café e merenda compartida para continuar co diálogo e finalizar xornada de convivencia.

Lugar:
Auditorio Municipal de Padrón
Rúa Porta Fondo da Vila, 3, 15900 Padrón, A Coruña

Horario:
Sábado, 1 de abril de 2023
De 17h a 20h

Este sitio web usa cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies
Ir al contenido