No mes de Outubro reunímonos por primeira vez coa Conselleira de Política Social Fabiola García e co novo Director Xeral de familia , infancia e dinamización demográfica, Jacobo Rey.
A reunión transcorreu nun ambiente distendido e con cercanía pero tamén con profesionalidade e rigor en canto a datos e situación concretas, que mais cedo ou mais tarde deben ir mudando para que a Administración Autonómica e as Familias Acolledoras teñan un canle de comunicación aberto e directo en prol do avance en materia de Protección de Menores. Para un correcto desenrolo da Lei 26/2015 de 28 de Xullo de modificación do sistema de protección á infancia e a adolescencia.
Toca poñerse mans á obra e traballar duro para que se cumpra a lei do xeito máis riguroso posible. E as Familias acolledoras temos que ter un papel participativo como membros activos no Sistema de Protección.
Esta cuestión concretamente quedou moi clara e houbo acordo total por parte da Conselleira e o Director Xeral en que así o considerarían, ofrecéndonos ese canle de comunicación e ese espacio como membros activo do sistema.
Compromiso que queremos agradecer e compartir con vós. Esperemos que cumpran!