No mes de Outubro reunímonos por primeira vez coa Conselleira  de Política Social Fabiola García e co novo Director Xeral de familia , infancia e dinamización demográfica, Jacobo Rey.

A reunión transcorreu nun ambiente distendido e con cercanía pero tamén  con profesionalidade e rigor en canto a datos e situación concretas, que mais cedo ou mais tarde deben ir mudando para que a Administración Autonómica e as Familias Acolledoras  teñan un canle de comunicación aberto e directo en prol do avance en materia de Protección de Menores. Para un correcto desenrolo da Lei 26/2015 de 28 de Xullo de modificación do sistema de protección á infancia e a adolescencia.

Toca poñerse mans á obra e traballar duro para que se cumpra a lei do xeito máis riguroso posible. E as Familias acolledoras temos  que ter un papel  participativo como membros activos no Sistema de Protección.

Esta cuestión concretamente quedou moi clara e houbo acordo total por parte da Conselleira e o Director Xeral en que así o considerarían, ofrecéndonos ese canle de comunicación e ese espacio como membros activo do sistema.

Compromiso que queremos agradecer e compartir con vós. Esperemos que cumpran!

Este sitio web usa cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies
Ir al contenido