FEB 152022 |
Mar 10:00 Organiza: ACOUGO e AGARESO |
As familias de orixe das crianzas en desamparo queren os seus fillos e fillas, pero son conscientes de que non poden ofrecerlles o fogar que precisan. Por iso, como unha mostra máis do amor que lles profesan, confíanlle o seu coidado ás familias de acollida, que lles dan a estabilidade emocional, física e psicolóxica que necesitan.
O 15 de febreiro estreamos O acollemento familiar é ESTABILIDADE nas redes sociais e nas nosas web.
Escoitádeas e espallade a súa mensaxe. Ser familia acolledora é axudar a outras familias.