SEP

20

2022

Mar 18:00
Organiza: ACOUGO e Concello de Miño



O concello de Miño acollerá o vindeiro martes día 20 de setembro á Asociación Galega de Familias de Acollida ACOUGO para visibilizar a realidade de miles de nenos e nenas que non poden vivir coas súas familias.

Unha charla de balde baixo o título de “Unha aproximación ó acollemento familiar” que terá lugar no local social a rúa en Miño, 3º planta en horario de 18h a 19:30h e cun formato dinámico e participativo.

Unha oportunidade para contribuir a Xerar cultura de acollemento no noso concello porque, ainda que non sexamos familias acolledoras, podemos contribuir o acollemento familiar e integrar na nosa comunidade á infancia e adolescencia en desprotección.

Inscripción

Para mais información en info@acougo.gal ou chamanos o 622.672.188, estamos a vosa disposición.

Ir al contenido