ABR 012023 |
Sáb 17:00 Organiza: ACOUGO e Concello de Padrón Lugar: Auditorio Municipal de Padrón |
“Aprender a quererse. Prevención do maltrato e do abuso sexual infantil”
Padrón, 1 de abril de 2023
Esta xornada está aberta a quen queira participar.
- Familias acolledoras e familias interesadas en coñecer máis esta problemática.
- Nenos, nenas, adolescentes das familias participantes.
- Profesionais dos diferentes ámbitos: da saúde, do traballo social, da seguridade e da educación.
- Toda a comunidade en xeral.
PROGRAMACIÓN
A xornada divídese en 3 partes. Habrá servicio de conciliación.
Primeira parte:
ESPECTÁCULO CON MÚSCA E TEATRO PARAAPRENDER A QUERERSE: GUÁ!
De Tero Rodríguez & Barahúnda.
Trátase dunha ferramenta de axuda aos participantes, especialmente ás familias e ás crianzas, pero que tamén remove nas propias experiencias das persoas adultas e/ou na toma de conciencia sobre a vulnerabilidade dos nenos, nenas e adolescentes (NNA), de calquera tipo de ambiente e condición social e económica. Esta parte está pensada para todas as persoas adultas e NNA acompañantes, a decisión dos coidadores, que consideren que poden participar, posto que a temática incide no maltrato infantil e no abuso sexual.
- CONCILIACIÓN PARA NENNAS E NENOS DE EDUCACIÓN INFANTIL
Segunda parte:
- Para os participantes no espectáculo “GUÁ!”, xerarase un espazo de reflexión e participación, con preguntas e intercambio de impresións.
- Para os nenos e nenas que participaron no conto haberá actividades dirixidas de xogos e manualidades.
Terceira parte:
Café e merenda compartida para continuar co diálogo e finalizar xornada de convivencia.
Lugar:
Auditorio Municipal de Padrón
Rúa Porta Fondo da Vila, 3, 15900 Padrón, A Coruña
Horario:
Sábado, 1 de abril de 2023
De 17h a 20h