OUT 18,192025 |
Lugar: As Sinas |

🧩 Fins de semana de respiro con Acougo 🧩
En Acougo queremos ofrecer un espazo de descanso, aprendizaxe e convivencia para nenos, nenas e adolescentes en acollemento familiar ou residencial.
Durante estes fins de semana, os participantes poderán compartir experiencias, xogar, desconectar e fortalecer vínculos nun ambiente seguro e acompañado por profesionais e voluntariado da asociación.
📅 Datas:
-
Xuvenil (+ de 12 anos): do 17 ao 19 de outubro en As Sinas (Vilanova)
-
Infantil (ata 12 anos): do 14 ao 16 de novembro en As Sinas (Vilanova)
☎️ Inscricións: voluntariado@acougo.gal | 687 861 741
⚠️ Prazas limitadas. Reserva por orde de inscrición.
Unha oportunidade para respirar, compartir e medrar xuntos 💛