MAI

13

2025

18:00h
Lugar: Rúa de Xeneral Pardiñas, 34 Santiago de Compostela


Invitación á charla de difusión sobre Acollemento Familiar
Campaña do Concello de Santiago: 12 meses – 12 sensibilidades

O vindeiro 13 de maio temos unha cita moi especial no Aeroclub de Santiago.

Dentro da campaña municipal 12 meses, 12 sensibilidades, este mes estará dedicado ao Acollemento Familiar… e a Tenda de María escolleu a ACOUGO como entidade referente para sensibilizar e dar voz a esta realidade tan necesaria na nosa comunidade.

Por iso queremos convidarte á charla de difusión onde:

🤍 falaremos do que é realmente o acollemento familiar
🤍 aclararemos dúbidas frecuentes
🤍 daremos luz a como cada persoa pode sumar — desde diferentes lugares — para que máis nenos e nenas poidan vivir en familia

Tamén presentaremos quen é ACOUGO e o traballo que facemos cada día acompañando, sensibilizando e construíndo comunidade arredor do acollemento.

🗓 13 de maio
📍 Aeroclub de Santiago
⏱ 18:00H

Será un encontro cercano, aberto e informal — perfecto para preguntar, escoitar e comprender.

Estás convidada/o. Ven, participa e axúdanos a facer visible o acollemento familiar en Galicia.

Porque cando se coñece… compréndese.
E cando se comprende… transfórmase.

Ir al contenido