FEB

15

2022

Mar 10:00
Organiza: ACOUGO e AGARESO


🎥 As familias de orixe das crianzas en desamparo queren os seus fillos e fillas, pero son conscientes de que non poden ofrecerlles o fogar que precisan. Por iso, como unha mostra máis do amor que lles profesan, confíanlle o seu coidado ás familias de acollida, que lles dan a estabilidade emocional, física e psicolóxica que necesitan.

🗓️ O 15 de febreiro estreamos O acollemento familiar é ESTABILIDADE nas redes sociais e nas nosas web.

📲 Escoitádeas e espallade a súa mensaxe. Ser familia acolledora é axudar a outras familias.

Ir al contenido