Artículo de Europa Press.

O presidente de Canarias, Ángel Víctor Torres, anunciou que nove comunidades autónomas –Cataluña, Navarra, Cantabria, Valencia, Castela e León, Estremadura, Galicia, Asturias e Aragón– xa responderon á carta que enviou a todos os gobernos rexionais para pedir solidariedade na acollida de menores migrantes non acompañados, autonomías que se farán cargo duns 200 mozos.

Así o puxo este luns de manifesto durante unha comparecencia tras participar de maneira telemática na Comisión de Liberdades Civís, Xustiza e Asuntos de Interior (LIBE) do Parlamento Europeo, na sesión titulada ‘Exchange of views on the current situation in Western Mediterranean and the Canary Islands’.

“Pedimos a distintas autonomías que colaboren na atención, acollida e firma de acordos bilaterais para os menores non acompañados. A boa noticia é que xa non son seis, senón nove as CCAA as que responderon favorablemente”, comentou.

Torres sinalou que se está falando de preto de 200 menores, que chegarán a Galiza próximamente.

Ver publicación

Este sitio web usa cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies
Ir al contenido