ABR 302025 |
Mér 09:30 IFEVI Institulo Ferial de Vigo |

Dende ACOUGO temos o pracer de convidarvos ao evento “Infancia Protexida, Futuro en Familia“, unha xornada única para compartir experiencias, coñecer alternativas ao acollemento familiar e reflexionar sobre o futuro da infancia protexida en Galicia.
📅 Data: 30 de abril
📍 Lugar: IFEVI (Instituto Ferial de Vigo)
⏰ Hora: 09:30 – 14:00
Durante esta xornada, contaremos con:
✅ Relatoría da Dra. Anabel González, experta en trauma e apego.
✅ Presentación do estudo da USC sobre a percepción da sociedade galega respecto ao acollemento familiar.
✅ Presentación do programa “Un Curso en Familia” e da iniciativa “Familias Referentes”, que buscan proporcionar novas oportunidades ás nenas e nenos do sistema de protección.
✅ Intervencións de expertos, administracións públicas e asociacións clave, incluíndo a ASEAF, a Asociación Estatal de Familias Acolledoras.
A vosa participación é fundamental para seguir promovendo un futuro mellor para a infancia. Acompañádenos nesta xornada de aprendizaxe, sensibilización e compromiso co acollemento familiar.
Se tedes calquera dúbida, podedes contactar connosco en info@acougo.gal.
Esperámosvos con ilusión!