Natalia Gómez Bayón é nai de acollida. A súa familia forma parte do corpo de voluntarios do Programa de Acollemento da Cruz Vermella de Santiago. Na súa casa viviu durante 2 anos un rapaz que agora, unha vez resoltos os seus problemas familiares, xa volve a estar coa súa familia. Natalia e os seus dous fillos seguen a manter un estreito contacto con el. Como de seguro o farán no futuro, cando se solucionen os atrancos que lle impiden neste momento estar coa familia a esoutro rapaz que convive con eles na actualidade e con quen compartiron os meses de confinamento. Natalia cóntanos que ao principio lle custaba porque estaba acostumado a ver os seus todas as semanas. Porén con enxeño e cariño tiraron para adiante. Natalia destaca que durante os meses que estiveron na casa medroulles a todos a necesidade de contacto e que se deron máis abrazos e máis bicos e se dixeron máis veces “quérote” que nunca.