Padrón, 13 de novembro de 2020.-  A concelleira de Servizos Sociais, Ana Luezas, mantivo esta mañá unha reunión coa presidenta da Asociación ACOUGO, Carmen Dourado, para adoptar un compromiso de colaboración para apoiar ás familias que  participan no programa de acollemento familiar.

Na actualidade no Concello de Padrón hai tres familias acolledoras -dúas con acollementos activos e unha en proceso-. En toda Galicia hai en total 329 familias acolledoras e 1.300 nenos e nenas en centros de acollida. Segundo ACOUGO o dato das familias acolledoras podería incrementarse se dende as administracións locais se desen facilidades. Así, a raíz do compromiso adquirido hoxe o Concello axudará a estas unidades familiares na realización de xestións e trámites para que os pequenos poidan ir aos comedores escolares, as actividades deportivas ou á escolar infantil.

Este compromiso de colaboración implica a realización de actividades conxuntas para a difusión, así como a creación de ferramentas de protección para as familias acolledoras.

Asociación galega de familias de acollida.
Rúa Manuel María, 6
15705 - Santiago de Compostela
Tel: 616 136 605

ACOUGO © 2021. Todos os dereitos reservados. Aviso legal.

Este sitio web usa cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies