Contacontos Os Bolechas: familias acolledoras

Descubriremos a realidade do acollemento familiar e visibilizaremos a diversidade familiar da man de Acougo, asociación galega de familias de Acollida, a través dun contacontos arredor do libro Os Bolechas. Familias acolledoras. Nel abórdase a realidade dos nenos e nenas e adolescentes que pasan por procesos temporais de acollida e dáse a coñecer esta medida de protección da infancia, ademais de sensibilizar sobre distintas realidades vitais.

Ir al contenido