ABR

30

2025

Mér 09:30
IFEVI
Institulo Ferial de Vigo


Dende ACOUGO temos o pracer de convidarvos ao evento «Infancia Protexida, Futuro en Familia«, unha xornada única para compartir experiencias, coñecer alternativas ao acollemento familiar e reflexionar sobre o futuro da infancia protexida en Galicia.

📅 Data: 30 de abril
📍 Lugar: IFEVI (Instituto Ferial de Vigo)
⏰ Hora: 09:30 – 14:00

Durante esta xornada, contaremos con:

✅ Relatoría da Dra. Anabel González, experta en trauma e apego.
✅ Presentación do estudo da USC sobre a percepción da sociedade galega respecto ao acollemento familiar.
✅ Presentación do programa «Un Curso en Familia» e da iniciativa «Familias Referentes», que buscan proporcionar novas oportunidades ás nenas e nenos do sistema de protección.
✅ Intervencións de expertos, administracións públicas e asociacións clave, incluíndo a ASEAF, a Asociación Estatal de Familias Acolledoras.

A vosa participación é fundamental para seguir promovendo un futuro mellor para a infancia. Acompañádenos nesta xornada de aprendizaxe, sensibilización e compromiso co acollemento familiar.

 

 

Se tedes calquera dúbida, podedes contactar connosco en info@acougo.gal.

Esperámosvos con ilusión!