MAR

06

2021

Todo o día
Organiza: ASEAF


En España máis de 50.000 nenos e nenas, están tutelados polas administracións públicas por acharse en situación de risco e desamparo nas súas familias de orixe. Máis da metade deses nenos e nenas, máis de 23.000, crecen en residencias de menores esperando unha familia de acollida.

En” #NiUnNiñoSinFamilia” ( por unha linguaxe inclusiva, nós traducimos # ninunhacrianzasenfamilia) unímonos varias organizacións da sociedade civil, que coñecemos e traballamos con estes “nen@s invisibles”, co obxectivo de visibilizar esta realidade e de atopar a esas familias, que quizais como a túa estarían dispostas a abrirlles a porta do seu fogar.

As residencias son lugares que atenden adecuadamente á infancia en todas as súas necesidades físicas e educativas, pero a dimensión emocional e afectiva só a cobre o vínculo persoal e único dunha familia que se compromete, acompaña e quere a ese neno/a de forma plena e incondicional.

A día de hoxe, e a pesar de existir unha Lei de protección á infancia e á adolescencia aprobada en 2015 que obriga aos gobernos autonómicos a baleirar as residencias de nenos de 0 a 6 anos e a priorizar as medidas de protección familiares, isto non se está cumprindo. Desde Nacións Unidas, o Comité dos Dereitos do neno no seu último informe a España, alerta sobre as elevadas taxas de institucionalización que hai no noso país e recomenda, en liña coa nosa recente lexislación, que se potencie o acollemento familiar e que as residencias sexan para os nosos nenos e nenas, unha medida de último recurso.

Todos os nenos teñen dereito a crecer nunha familia e todas e cada unha de nós como persoas que construímos a sociedade na que vivimos, dende o momento que coñecemos esta realidade, temos a responsabilidade de non darlles as costas, a oportunidade de abrirnos á Acollida.

Desta maneira, entre tod@s, lograremos que estes nenos sexan mañá homes e mulleres sans emocionalmente e felices.

España é un dos países máis solidarios do mundo, pero desde as administracións afírmase que non hai familias que queiran acoller a estas crianzas, e así continúan perpetuando o modelo residencial. Nós estamos convencid@s de que o motivo principal é o descoñecemento que existe na sociedade acerca desta realidade.

Axúdanos a demostrar que non teñen razón. Cambiemos as cousas! Infórmate sobre o acollemento familiar, difúndeo, impúlsao, forma parte do noso movemento NIN UNHA CRIANZA SEN FAMILIA.

Más información en:

Youtube #niunniñosinfamilia

Web niunniñosinfamilia.es

Este sitio web usa cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies
Ir al contenido